O centro educativo GALÉN renova o Certificado de Calidade conforme á normativa UNE-EN ISO 9001-2008


POLÍTICA DE CALIDADE

Somos un centro educativo privado, laico e independente, un equipo coordinado, innovador e con experiencia e un colectivo de familias que comparten un modelo educativo propio que aporta unha formación en valores esenciais e unha base sólida para a continua adquisición de coñecementos.


Pretendemos acadar:

  • Unha formación integral.

  • Unha educación “en” e “para” a igualdade.

  • Unha boa competencia lingüística nas linguas oficiais da nosa comunidade e en linguas extranxeiras.

  • Un nivel óptimo no manexo das novas tecnoloxías e unha actitude de investigación e busca continua.

  • Un compromiso de traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do noso centro e do seu contorno.

  • A consolidación como unha empresa eficaz e aberta á sociedade


Para conseguir todo isto, potenciamos a:


  • Coordinación: consenso, colaboración, cooperación e compromiso para acadar uns obxectivos comúns.

  • Titoría: seguimento individualizado e unha comunicación fluída co alumnado e coa familia.

  • Orientación: prevención, diagnóstico e asesoramento nos procesos persoais, académicos e profesionais do alumnado e asesoramento a toda a comunidade educativa.

  • Ensino individualizado: flexibilizar a educación para adaptarse ás diferenzas individuais de aptitudes, necesidades, intereses e ritmos de maduración do alumnado

  • Participación e colaboración coas familias e institucións: buscar a súa implicacióncoa finalidade de ter unha visión máis global da educación e acadar resultados óptimos

  • Atención á diversidade: ensino en función das capacidades e necesidades do alumnado e deseño de medidas de atención á diversidade

  • Posibilidade de ampliar o programa oficial: gran variedade de actividades que o complementen: físicas e deportivas, educación artística e musical, educación medioambiental.

  • Educación en valores: fomentar a posibilidade de sentir, pensar e actuar de xeito solidario, respectuoso e tolerante; aprendendo a solucionar construtivamente os conflitos que presenta a vida cotiá.

  • Respecto e defensa do patrimonio natural e cultural: fomentar a participación de todo o colectivo en prol do desenvolvemento sostible.

  • Respecto á pluralidade lingüística e cultural: resaltar a presenza das linguas da nosa comunidade como factor identitario.

 



 


© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
Rúa Xián 8 (27003-Lugo) - Tfno: 982 265 205 Fax: 982 265 206
Optimizado para Google Chrome - Mozilla Firefox 3 - Safari 3 - Opera 9 - Konqueror 4 (Resolución mínima: 1024x768)

Logotipo de SCA