Escola Oficial de Música CANTARELA &
Centro Autorizado Profesional de Música Galén
Dentro do proxecto de GALÉN Centro Educativo está a ilusión de tender unha ponte entre ciencia e arte, coñecemento e emoción.
A música forma parte da arte e da vida e nunca é considerada como un fenómeno aillado, a música provoca e canaliza emocións e sentimentos.
A Escola Oficial de Música CANTARELA e o Centro Autorizado Profesional de Música Galén propoñen unha formación musical dirixida a persoas de calquera idade, cunha orientación afeccionada ou profesional.
A música emociona, transmite, canta e conta moito para nós.
A formación musical da nosa escola concrétase nun amplo abano de posibilidades:
- Música e movemento, para nenos e nenas de 4 a 7 anos.
- Práctica instrumental: Clases individuais
- Piano
- Violín
- Viola
- Violonchelo
- Acordeón
- Canto tradicional
- Batería
|
- Frauta traveseira
- Frauta de pico
- Guitarra clásica
- Guitarra eléctrica
- Gaitas
- Percusión clásica
- Percusión tradicional
|
- Formación complementaria á práctica instrumental:
- Linguaxe musical
- Coro
- Música de cámara
- Conxunto instrumental
- Concertos
- Monográficos
- Formación do profesorado.