Campamentos urbanos 2010



Sabedores que rematado o periodo escolar, as nenas e nenos  gozan dun maior tempo para lecer, Galén oferta, dende os seus comezos,  Campamentos Urbanos durante os meses de Xuño- Xullo.

Entendemos a necesidade dunha educación para o ocio e o tempo libre programada e  axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e posibilitadoras de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas, non só do noso Centro  senón de todas e todos aqueles que queiran participar neles.

Estes Campamentos abranguen idades entre os tres e os nove anos agrupándose en dous grupos cunha ratio non superior a dez nenos/as por monitor/a. Desenvólvese no propio Centro e nas súas instalacións,  contando cos seus  profesionais habituais e con persoal especializado  contratado especificamente para isto.

Os horarios son amplos, dende as nove da mañá, cando se opta pola ampliación horaria, ata as cinco da tarde.  Tamén, pódese utilizar o servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado, na medida do posible, ás necesidades daqueles que o utilizan e asistidos por azafatas de Galén.

Como é sabido Galén conta cun  servizo de comedor con persoal e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise semanalmente  pensando e adaptándose ás necesidades  das/os  máis pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias.

En definitiva, os noso obxectivos xerais son:

- Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos/as que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.

- Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espíritu crítico-construtivo, a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.

- Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.

- Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas. - Favorecer a adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación, esforzo,…

- Promover o traballo en equipo para acadar fins común. -Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.



 


© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
Rúa Xián 8 (27003-Lugo) - Tfno: 982 265 205 Fax: 982 265 206
Optimizado para Google Chrome - Mozilla Firefox 3 - Safari 3 - Opera 9 - Konqueror 4 (Resolución mínima: 1024x768)

Logotipo de SCA