Galen English Summer Camp 2010



O Centro Educativo Galén organiza dende o ano 2002 un campamento en lingua inglesa “Galén English Summer Camp”, de dúas semanas de duración e en réxime de internado, para que a inmersión na aprendizaxe da lingua inglesa sexa total.

 

Os nenos e nenas participarán a partir do domingo 27 de xuño e ata o sábado 10 de xullo en diferentes actividades lúdico-educativas dirixidas por profesorado nativo, monitores bilingües e, en todo momento, supervisadas por profesorado do centro.

 

Pola mañá, desenvolveranse as sesións de clase con profesorado nativo e en grupos reducidos.

 

Pola tarde, as actividades serán máis lúdicas: talleres diferentes; sendeirismo; piragüísmo, tiro con arco, piscina, parque acuático, xogos populares, lume de campamento, cine, etc.

 

Ademais, realizarán, tamén, dúas excursións de día completo.

 

En tódas as actividades estarán acompañados de monitores cualificados xunto cos monitores e profesorado do propio campamento. A inmersión en inglés está, así, garantizada.

 

Podedes consultar toda a información na páxina web do centro: www.centrogalen.com , ou chamarnos a calquera dos nosos teléfonos no que vos aclarararemos todas as dúbidas que poidades ter.



 


© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
Rúa Xián 8 (27003-Lugo) - Tfno: 982 265 205 Fax: 982 265 206
Optimizado para Google Chrome - Mozilla Firefox 3 - Safari 3 - Opera 9 - Konqueror 4 (Resolución mínima: 1024x768)

Logotipo de SCA