O corazón e a botella



Estimadas familias,

 

Prácenos convidarvos ao acto central de fin de curso que este ano coincide co peche de actos do noso X aniversario.

 

Este ano, o Centro Educativo Galén organiza o espectáculo “O corazón e a botella” un ballet en 22 escenas creado por Manolo Panforreteiro, antigo profesor do Centro e colaborador do noso proxecto educativo, no que participa todo o alumnado, dende Educación Infantil ata Bacharelato.

 

Data do espectáculo: Venres 18  de Xuño

Hora de inicio: 17:00 h.

Hora de remate: 18:30 h.  aprox.

Lugar: Auditorio Gustavo Freire de Lugo

 

            Ese día todo o alumnado dende 1º de EI ata 1º de Bacharelato comerá no centro para facilitar as tarefas de vestiario  e organización.

Despois levaremos aos rapaces e rapazas ao Auditorio en bus dende o colexio e voltarán á casa con vós á hora de remate do espectáculo.

 

É dicir, o venres 18 de xuño todo o alumnado debe comer no colexio e recolleredes aos vosos fillos e fillas no auditorio Gustavo Freire ás 18:30. 

O luns 21 recollerán a roupa que traían, xa que o centro permanecerá pechado a partir das 15.00 h. o venres 18 de xuño.. Non haberá servizo de bus pola tarde.

 

Para organizar todo  o espectáculo necesitamos saber se algún neno ou nena non vai poder asistir ao mesmo, por iso pregámosvos faledes cos titores ou titoras dos vosos fillos ou fillas se non van poder asistir.

 

Tamén necesitamos ter no colexio o martes o vestiario que se vos pediu.

 

 

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e agardando que este acto sexa do voso agrado recibide un saúdo moi cordial.

 

 

O equipo de “O corazón e a botella”

Lugo, 14 de xuño de 2010

 



 


© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
Rúa Xián 8 (27003-Lugo) - Tfno: 982 265 205 Fax: 982 265 206
Optimizado para Google Chrome - Mozilla Firefox 3 - Safari 3 - Opera 9 - Konqueror 4 (Resolución mínima: 1024x768)

Logotipo de SCA