Cando ollamos co corazón
É o nome das actividades organizadas pola Aula de Natureza Trevia ao redor de O corazón e a botella. Este programa inclúe diferentes talleres destinados ás familias, das que xa tedes a información, e ademais organiza varias charlas destinadas ao alumnado que vos detallamos a continuación:
EI e 1ºEP: Fátima Fernández e Servando Abelardo "o bardo Abelardo" contáronlles historias do bosque aos máis pequenos. 4 de xuño.
1º,2º e 3º ESO: Xurxo Gude Armas, Director de Alvarella albergue de ecoturismo, comentará con eles e elas as posibilidades do Turista sostible. 7 de xuño.
3º e 4º EP: Participarán nunha charla coloquio sobre o Deporte e saúde. Data por confirmar.
5º e 6º EP: Adela Figueroa de ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, abordará co alumnado destes niveis contidos relacionado co Consumo responsable. 9 de xuño.
4º ESO e 1º BAC: Química e sostibilidade é o título da conferencia-coloquio de Carlos Herrero, vicerreitor da universidade e profesor da mesma. 10 xuño.