|
|
||||
|
|
||||
|
||||
Foi noticia
|
Semana de tecnificación con Terry Pritchard e Eric Viuhkola Preme aquí para ver o Vocabulario básico. Abrése unha páxina para que descargues o PDF. “SEMANA DE TECNIFICACIÓN CON TERRY PRITCHARD E ERIC VIUHKOLA” Motivados polo entusiasmo co que os vosos fillos/as viven o baloncesto dentro da Escola de Baloncesto de Galén, parécenos un bo premio para eles e elas e os nosos adestradores, ofrecerlles a posibilidade de convivir unha semana con dous dos mellores adestradores de categorias inferiores de EEUU e co flllo dun deles, Payton, que posúe un excepcional nivel de xogo. Antes de vir a compartir a Semana de Tecnificación con nós, o seu equipo participará nas finais nacionais, en Memphis.Terry Pritchard dirixe un programa de baloncesto en EEUU co que está acadando moitos exitos deportivos e chegando a moitas finais estatais e nacionais, cun baloncesto rapido e atractivo, baseándose nun xeito de adestrar propio e focalizando o seu traballo no desenvolvemento do xogador como individuo.É un xeito moi interesante de que os vosos fillos/as vivan outras formas de entender o baloncesto, adestramentos en ingles, sesións dirixidas por profesionais estranxeiros do mundo do baloncesto de contrastado nivel, convivencia cun xogador americano da idade dos vosos fillos/as e a posibilidade de seguir tendo contacto con el e co resto de compañeiros do seu equipo durante o ano.Para que coñezades un pouco mais a Terry Pritchard, dámosvos algúns datos de interese:A súa filosofiaDende o 2003 é propietario, presidente e adestrador principal do FAST Sports Training and Team FAST.Dirixe 5 niveis selectos dos equipos AAU (de idades entre 4 E.P e 2º ESO)O seu programaTerry Pritchard (FAST) é un programa de baloncesto completo que se centra fundamentalmente no desenrolo do xogador como individuo. É necesario dominar os fundamentos básicos para ser capaz de ter éxito no seguinte nivel que é poder participar no xogo. O compromiso de Terry é o adestramento físico da mellor calidade para así poder desenrolar as cualidades atléticas individuais.
Enfoque dos fundamentos:No desenrolo do programa para ser un xogador completo, cada individuo necesita ser competente nas 5 principais áreas de xogo: defensa, pase, tiro, dribling e sobre todo traballo en equipo.Estas son as cousas nas que o programa FAST de Terry fai fincapé durante os adestramentos. Cremos que a súa filosofía e os seus métodos adecúanse ao traballo que facemos dende a Escola de Baloncesto Galén, e poder adestrar con eles pode ser un bo complemento e un premio á dedicación que amosan os vosos fillos e fillas.Os logros dos seus equipos son estes;Equipos FAST➢ Equipos masculinos de cuarto, quinto, sexto E.P .Campións do Estado UCA . 2008, 2009, 2010
|
|
|
© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
|
![]() |