|
|
||||
|
|
||||
|
||||
Foi noticia
|
Matrícula 2010/2011
Galén é un centro educativo xove que dende hai dez anos aporta a experiencia, o saber facer e o entusiasmo dos seus profesionais no ámbito do ensino. Caracterizámonos por unha atención personalizada ao alumnado potenciando e respectando os seus ritmos e estilos de aprendizaxe. O seguimento individualizado do alumnado a través das titorías e o estreito contacto coas familias facúltanos para converter ao alumno ou alumna no centro do noso facer pedagóxico. Galén é un centro educativo en continua evolución xa que un dos nosos obxectivos é adaptarnos aos continuos cambios que se producen na sociedade tendo como finalidade mellorar a operatividade e os resultados do noso labor educativo. Procesos como a implantación do sistema de calidade no ano 2006/2007, a nosa aposta polo medio ambiente que se traduce entre outras actividades nas estadías medioambientais de outono organizadas pola nosa Aula de Natureza Trevia que está aberta dende o inicio da nosa andaina sendo promotores no desenvolvemento da Axenda 21 Escolar en Galicia, a nosa adaptación ás novas tecnoloxías utilizando canóns de vídeo e encerados dixitais nas aulas, WiFi no centro, uso dos programas máis coñecidos como ferramenta de traballo, apostando polo deporte, en particular polo baloncesto, cun extenso programa de adestramento dende os máis pequenos, ampliando as competencias nas nosas linguas e nos idiomas estranxeiros (inglés, francés e alemán), maior número de horas lectivas, intercambios con Francia, Dinamarca, estadías en Inglaterra, etc., a introdución dende as titorías de programas de intelixencia emocional, ... poñen de manifesto esta inquedanza pola evolución e o cambio nun marco de profundo respecto polos valores eticos. O fomento da creatividade, da sensibilidade e da expresión é un dos nosos obxectivos algún deles impulsado por Cantarela a nosa Escola de Música e o Conservatorio de Grao Medio. Todo isto xunto cunha adecuada orientación e formación profesional permítenos colaborar de forma activa na formación integral do noso alumnado; o que o facultará para enfrontarse a futuros retos persoais e profesionais. Podedes profundar no noso Centro visitando esta páxina pois recolle a nosa forma de ser xunto con toda a información académica xerada durante o ano. Todas as persoas que formamos Galén estamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida que se vos presente. Podes facer a preinscrición cubrindo o documento adxunto e remitíndoo a info@centrogalen.com |
|
|
© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
|
![]() |