|
|
||||
|
|
||||
|
||||
Foi noticia
|
CEA CUMPRIMOS 10 ANOS CO ANTIGO ALUMNADO Vós medrastes con Galén e Galén medrou con vós. O venres 6 de marzo celebramos, como estaba previsto, a cea co antigo alumnado. Ao redor das 09.30 comezaron a chegar os cerca de douscentos asistentes. Ás dez e cuarto e despois dos primeiros saúdos e moitos bicos de reencontro comezou a cea coas palabras de benvida e acollida que nos dirixiu Miguel Hernández. De entrantes, pan tostado con pementos do Piquillo, canapés de marisco e grelos e empanada de zamburiñas; o primeiro prato, pastel de pescada e gambas; de segundo, entrecot en salsa de cogomelos con verduras de tempada e patacas panadeira e de postre profiterois con chocolate e tulipa de xeado.
Neste intre, as fotos podíanse contar xa por centos, xunto cos risos e a emoción que se sucedía entre o alumnado e o persoal de Galén asistente; moitos deles non se vían había tempo.
Ao remate da cea, Nieves de Neira , alumna da primeira promoción,tomou a palabra para dirixirse a todos os asistentes, seguírona de forma improvisada Jorge Mallo, María Crecente e Juan Vázquez; a seguinte intervención correspondeu a César Gómez Cabanas e pechou o acto Raúl Pérez Grande.
A festa continuou na discoteca do propio hotel.
Podedes ver algunhas das fotos na galería: “Cea, cumprimos dez anos” e ler os discursos no PDF desta entrada. Tamén podedes ver as fotos que publicou El Progreso.
|
|
|
© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
|
![]() |