CONCURSO FOTOGRÁFICO “O LIXO QUE NOS RODEA”
Participantes: Alumnos/as de Galén de 3 a 18 anos.
Obxectivos:
- Facer unha visión crítica do contorno no que vivimos.
- Estimular a percepción visual.
- Concienciar da importancia de reducir e xestionar correctamente o lixo
que producimos.
- Coñecer Lugo desde outra perspectiva.
- Favorecer a implicación de todos nun proxecto común.
Bases do concurso:
- Cada participante poderá presentar 1 fotografía a concurso
en formato dixital.
- As fotos deberán ser enviadas a Galén a través da
páxina web do centro.
- Farase unha primeira selección por parte dun xurado integrado por
persoal do centro.
- As fotografías finalistas (25) serán expostas no Centro Sociocultural
Uxío Novoneyra.
- A devandita exposición estará aberta ao público do
12 ao 16 de novembro.
- Os visitantes poderán votar para elixir a fotografía gañadora.