O centro educativo GALÉN obtén o Certificado de Calidade ISO 9001-2000
O Centro Galén iniciou fai dous anos, un proxecto innovador encamiñado á implantación dun Sistema de Xestión da Calidade conforme á Norma UNE-EN-ISO 9001-2000
A implantación dun Sistema de Xestión da Calidade baseado nesta norma internacional ten entre outros obxectivos o de fomentar a participación de todo o persoal do Centro na mellora continua dos diferentes procesos que constitúen a xestión do Centro, tanto os directamente relacionados cos alumnos e alumnas (acollida, programación, actividades de aula, avaliación, orientación e titoría) como os chamados procesos de apoio (xestión documental, mantemento, compras ...).
Obríganos a estar constantemente avaliando o noso traballo (suxestións, queixas e reclamacions, enquisas de satisfacción, ...) a fin de ofrecer unha resposta de calidade, orientada a un modelo de educación humanizadora, tolerante e participativa.
A implantación deste Sistema de Xestión supuxo para o Centro un esforzo engadido ao noso traballo diario, que culminou satisfactoriamente coa concesión do Certificado de Calidade ISO 9001-2000 outorgado pola prestixiosa empresa AENOR e que implica un forte compromiso de todos e todas co constante proceso de mellora continua.
Proseguiremos nesta liña de traballo esperando ofrecer un servizo de calidade aos nosos alumnos e alumnas e ás familias que depositan en nós a súa confianza.
Proxecto Cofinanciado por: