POLÍTICA DE CALIDADE
Somos un centro educativo privado, laico e independente, un
equipo coordinado, innovador e con experiencia e un colectivo de familias que
comparten un modelo educativo propio que aporta unha formación en valores
esenciais e unha base sólida para a continua adquisición de coñecementos.
Pretendemos acadar:
- Unha formación integral.
- Unha educación “en” e “para” a igualdade.
- Unha boa competencia lingüística nas linguas oficiais da nosa
comunidade e en linguas extranxeiras.
- Un nivel óptimo no manexo das novas tecnoloxías e unha actitude
de investigación e busca continua.
- Un compromiso de traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do
noso centro e do seu contorno.
- A consolidación como unha empresa eficaz e aberta á sociedade
Para conseguir todo isto, potenciamos a:
- Coordinación: consenso, colaboración,
cooperación e compromiso para acadar uns obxectivos comúns.
- Titoría: seguimento individualizado e unha
comunicación fluída co alumnado e coa familia.
- Orientación: prevención, diagnóstico
e asesoramento nos procesos persoais, académicos e profesionais
do alumnado e asesoramento a toda a comunidade educativa.
- Ensino individualizado: flexibilizar a educación
para adaptarse ás diferenzas individuais de aptitudes, necesidades,
intereses e ritmos de maduración do alumnado
- Participación e colaboración coas familias
e institucións: buscar a súa implicacióncoa
finalidade de ter unha visión máis global da educación
e acadar resultados óptimos
|
- Atención á diversidade: ensino en
función das capacidades e necesidades do alumnado e deseño
de medidas de atención á diversidade
- Posibilidade de ampliar o programa oficial: gran
variedade de actividades que o complementen: físicas e deportivas,
educación artística e musical, educación medioambiental.
- Educación en valores: fomentar a posibilidade
de sentir, pensar e actuar de xeito solidario, respectuoso e tolerante;
aprendendo a solucionar construtivamente os conflitos que presenta
a vida cotiá.
- Respecto e defensa do patrimonio natural e cultural: fomentar
a participación de todo o colectivo en prol do desenvolvemento
sostible.
- Respecto á pluralidade lingüística e
cultural: resaltar a presenza das linguas da nosa comunidade
como factor identitario.
|
A dirección comprométese á mellora continua e transmite, comunica e asegura, a todo o persoal, o cumprimento dos requisitos aplicables ao centro
Lugo, xaneiro de 2007
A Dirección